31 ene. 2013

Novos billetes de 5€


O Banco Central Europeo (BCE) e os bancos centrais nacionais (BCN) do Eurosistema 
introducen unha segunda serie de billetes de euro. A nova serie, chamarase «Europa», e
mostra un retrato de Europa, a princesa fenicia da mitoloxía grega  ler máis en Leyas.


18 ene. 2013

Actualización das tasas

Resumo da normativa sobre taxas xudiciais 20/11/2012


Están suxeitos ao pago das taxas xudiciais os seguintes supostos:
  1. A interposición da demanda en toda clase de procesos declarativos e de execución de títulos executivos extraxudiciais na orde xurisdicional civil, a formulación de reconvención e a petición inicial do proceso monitorio e do proceso monitorio europeo.
  2. A solicitud de concurso necesario e a demanda incidental en procesos concursais.
  3. A interposición da demanda na orde xurisdicional contencioso-administrativo.
  4. A interposición do recurso extraordinario por infración procesal no ámbito civil.
  5. A interposición de recursos de apelación contra sentencias e de casación na orden civil e contencioso-administrativo.
  6. A interposición de recursos de suplicación e de casación na orde social.
  7. A oposición á execución de títulos xudiciais. ler máis
Van 65 firmas imputadas na maior fraude fiscal galega

Foron denunciados pola vía penal por posible delito fiscal e falsidade documental
de L a V (18-I-12) / Axencias

O xulgado de instrución 6 de Vigo, que investiga o maior caso de fraude fiscal en Galicia a través de facturas falsas, leva imputadasmáis de 65 empresas, ademais dun centenar de particulares, por un delito de falsidade documental continuada, e a algúns deles tamén por delitos fiscais. ler máis


Servicios ofrecidos por el Gabinete ANÁLISIS FORENSES DOCUMENTALES: - Cotejo de firmas (dubitadas/indubitadas) - Análisis lingüísticos de documentos anónimos - Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos - Dictámenes por escrito en gallego y castellano - Datación documental y de tintas
Servizos ofrecidos polo Gabinete Caligráfico MBC: - Cotexo de firmas (dubitadas/indubitadas) - Análises lingüísticas de documentos anónimos - Pericias caligráficas desde todos os soportes escritos - Dictames por escrito en galego e castelán mbar@leyas.es / tfno.: 669 060 265 / 36203 Vigo

11 ene. 2013

Novela, personaxes e grafoanálise

Vinme envolta neste reto: apuntar un perfil grafolóxico dun personaxe novelístico -e real- baseado na análise de varias ducias de cartas manuscritas
Reproduzo a páxina 307. Recomendo a lectura desta excelente novela, polo seu interese histórico e sociolóxico e, como non, tamén poderán saciar a curiosidade e coñecer as conclusións da grafoanálise.


Cuberta da novela. Xerais, Vigo, 2012 

6 ene. 2013

Adeus a José Pedro Foglia

Comunícanme a nova do falecemento de José Foglia, un ilustre mestre e estudoso da Grafoloxía Forense, cuxo enfoque sempre redundou nun ben social; tal é o caso da persecución da delincuencia máis execrable (pederastas, maltratadores, etc.). Soubo investigar e transmitir, en cada páxina mostrou un sentido común lonxe de delirios esotéricos. Sinto non telo coñecido, nin a ningunha das súas discípulas directas, como Leticia Marco. Pero aínda así encóntrome entre as súas admiradoras. 
A tod@s @s seus discípul@s, familiares e amig@s, unha forte aperta. 
Para máis información: 

http://grafoanalisiseuropeo.blogspot.com.es/2013/01/fallecimiento-de-pedro-jose-foglia-un.html

4 ene. 2013

Longa vida ao legado de Rita Levi-Montalcini


Temos mil motivos de agradecemento á figura da Nobel Rita Levi-Montalcini, como científica, polos seus achados sobre a plasticidade neuronal, e pola súa teima na formación de novas xeracións de científicas aló onde o acceso ao ensino era un privilexio para uns poucos. Porque a pena non nos impida brindar pola prosperidade do seu legado.
Unhas palabras que perpetúen a súa imaxe neste blog.
Con 103 anos de idade (30/12/12), faleceu na súa casa de Roma, Rita Levi-Montalcini unha das figuras cruciais para a ciencia do século XX. Con esta frase que sintetiza a súa incansable dedicación á investigación: “Entrei na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida!” iniciaba o meu artigo na revista Festa da palabra silenciada (nº 27 “As nobel científicas”, Vigo 2011) dedicado a unha das escasísimas Nobel científicas da historia.
Nunha entrevista a piques de cumprir 100 anos, Rita Montalcini (Turín, 1909) mostraba a súa sagacidade e sentido do humor, avalando as teses que respaldan o descubrimento que premiou a Academia Sueca: o factor de crecemento neuronal (Nerve Growth Factor, NGF). A forza do seu cerebro, curioso e entusiasmado pola ciencia ata o último momento presaxiaban outros cen anos de vida, desafiando ao deterioro fisiolóxico. De aí que recibir esta noticia nos produza unha inmensa desolación, neste momento tan crítico para a ciencia, para a investigación, que en gran medida poría en risco o desenvolvemento do seu legado.

Grafoloxía emocional de Quino...

Para siareir@s da grafoloxía emocional de Honroth, é aquí un exemplo (adoro a Quino):



Translate