20 feb. 2013

De ciencia ficción: "Lápiz" 3D

El sueño de cualquier infante o artista: convertir un escrito o un dibujo en una pieza en tres dimensiones. Lo que hasta ahora podría considerarse un delirio inalcanzable, ahora es un hecho posible.

O soño de calquera persoa miúda ou artista: converter un escrito ou un debuxo nunha peza en tres dimensións. O que ata agora podería considerarse un delirio inalcanzable, agora é un feito. Unha firma norteamericana (desculpen que omita a marca, pero esta información xa é publicidade gratuíta) vén de crear un instrumento de escritura, chamémoslle lápiz, en 3D capaz de pór de relevo a escrita. 
A capacidade deste invento revoluciona o mundo das artes enfeblecendo as fronteiras, por exemplo, entre o debuxo e a escultura. Claro que xa contamos cun impresionante antecedente, coa obra de Miquel Barceló para demostrar como un fresco ou un lenzo pode achegarse ata nós dun xeito sublime.
No eido que nos ocupa, a escritura, xa temos constancia nos relevos das escritas petroglíficas, pero algo moi distinto pode resultar o avance de hampas e jambas fóra de sí, o que revolucionaría a estrutura da caixa caligráfica presta a adoptar tamén esa terceira dimensión. 
Revolucionará os sistemas de falsificación e nos apartará a mirada estereoscópica do propio microscopio? O tempo o dirá...

18 feb. 2013

Libros: última novela de Carlos Quílez

“La amnistía fiscal es un insulto a toda la ciudadanía”

Carlos Quílez Lázaro, de 46 años, jefe de Análisis de la Oficina Antifraude de Cataluña que  trabajó durante 20 años en la SER, acaba de publicar su séptima y última novela, Cerdos y gallinas (Editorial Alrevés) leer en El País/sociedad

12 feb. 2013

Un hotel por dous euros

Breves: "Caballo de Troya"

Desmantelada unha rede de blanqueo de capitais que operaba en Galicia

15 detidos, 440.000 euros intervidos, bloqueados máis de 400 inmobles e 80 vehículos //Adquiría empresas con problemas económicos a prezo baixo para descapitalizar os seus activos // En Santiago adquiriron un hotel de luxo por dous simbólicos euros // O Xulgadode Instrucción Número 2 de Compostela dirixe a operación ler en El Correo


Opinión: Os "apócrifos" papeis de Bárcenas


No hai nada máis vintage que o libro de Bárcenas. Non hai nada máis desexado para unha perita calígrafa neste momento, que as follas soltas resaltadas en amarelo do saboroso manuscrito do extesoreiro do PP.
Mais a pesar da excitación que poida producir tal caligráfico festín incluso me atrevería a dicir que cos ténues indicios achegados podería a argumentar sobre a autenticidade ou a falsidade dese manuscrito; pero a prudencia e a ética profesional me OBRIGAN a gardar silencio. Silencio en canto aos contidos eo ao rigor científico que deben presidir un informe técnico desa natureza, moi lonxe do cacarexo que divulgan certos medios producindo vergoña allea.
En calquera caso e dado o rebumbio que está a armar o caso de marras, houben de contestar unha morea de preguntas e insinuacións nada habituais nun oficio tan discreto “a la par que” técnico, que esixían pórme a altura das circunstancias.
Entrei a saco sen remorsos contra os mercachifles para emular aquela interesante pasaxe en que Xesús a emprende a zoupadas contra os mercaderes do templo -raro nel, adalide da paz-. Pois ben, contra tanto trapalleir@ desta profesión contestarei que non, que non, que non podo tomarme en serio as análises grafolóxicas que describen ou frivolizan coa personalidade de ninguén. Que nada ten que ver a pericia caligráfica, ou as análises documentais cunha vertente grafolóxica de tinte esotérico, propia de embaucador@s e oportunistas. 
Contáronme que nun programa da cultísima Intereconomía presentouso un suposto “grafólogo” anunciando que Bárcenas tiña problemas de próstata; vaia cráneo privilexiado! Non hai máis que pensar na súa idade. Que diría ese bruxo se non soubese nada do autor do manuscrito? Aí quería eu velo!
A personalidade non “reside” na forma de ningún travesaño, en ningún gancho, en ningún óvalo pinchado, nin en ningún til en maza.
Se nos poñemos así, continúo coa fábula, porque ao D.Luis se lle escapan as filias e as fobias cos grafemas, así pois, averiguei que tanto apreza a “Paco A.C.”, que se iría de sidrinas con el. Que o ten medio enfilado ao “M. Rajoy” a pesar de rendirlle pleitesía; pola contra, aplastaría "á Cospedal" por activa e por pasiva. Por favor... non me vaian tomar en serio ;-)
En fin falamos de autenticidade ou falsidade -sobre unha fotocopia?- pericia incómoda desde logo. Aínda máis coa transcendencia do caso, porque o realmente transcendental, caligráfica e ideoloxicamente, é se son certos os contidos. Que mira ti por onde, aplicado a ese falseamento, en lingüística forense, fálase de falsidade ideolóxica. Se Luis "o Cabrón", como o alcuman, é o chivo expiatorio, desde logo, está pondo ao PP do revés. 
Pensemos que se o mal xa está feito tamén son chegados os tempos de desenmascarar @s defraudadores e apartar a mancha maldita de Lady Macbeth.
Que este caso sirva e teña o alcance necesario para que as barbas de todos os partidos, sindicatos, FUNDACIÓNS viciños se poñan ao clarexo, pola hixiene democrática deste país.

Translate