Espacio Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán e a pena capital. A pedra angular, a debate*.

Un segundo, un pateo; menos aínda: a convulsión dun corpo atado ao fincarse nas vértebras un parafuso... Iso e nada máis é a morte." (A pedra angular, 1891)

*(Artículo publicado en la revista Ágora de Orcellón, agosto 2014Asociación de Estudios Carballineses).
Introdución
M.Bar, no Monólogo "O vestido de voda", de E.Pardo Bazán,
na Casa Museo da escritora, A Coruña, 2007.
Pardo Bazán publica en 1891 A pedra angular1 (en adiante, APA), unha das súas novelas máis controvertidas e avanzadas desde o punto de vista social e ideolóxico.
Centrada no debate sobre a pena de morte, APA somete a unha dura crítica a toda a maquinaria xudicial e penitenciaria da España da Restauración.
Non é de estrañar a súa desconfianza na recepción da novela, como lle transmite nunha misiva a Benito Pérez Galdós2,
Madrid, finales de 1891”
No sé lo que será esta novela sin amores y casi sin acontecimientos, o en que al menos los acontecimientos quedan en segundo término para dejar sitio a las ideas. (Parreño,2013:189)
Para centrar o asunto, desvelemos antes a trama en dúas pinceladas:
Na aldea de Erbeda aparece asasinado un carreteiro; inmediatamente recaen as sospeitas sobre a muller, sometida a constantes agresións por parte do home, e a un cómplice, e cuñado da vítima.
Sen probas concluíntes, e tras pasar todos os trámites burocráticos a muller e o seu suposto amante son condenados a morrer no garrote vil.
Así llo explica por carta ao seu bo amigo e mentor Giner de los Ríos:
...na miña intención, a novela é o verdugo... por ser quen é... Acaso a verdade non sexa verosímil, pero é ben verdade todo elo, salvo o final por suicidio... Jorge Meyer (Juan Rojo) morreu de morte natural.
Antes de seguir indagando na novela cómpre recoñecer o estado da cuestión en materia penal por aqueles tempos.
O debate sobre a pena capital alcanzou unha enorme repercusión na política española do último terzo do século XIX, incendiando o parlamento pos-revolucionario de 1869 (do que o propio José Pardo Bazán formaría parte, no bando dos liberais de Salustiano Olózaga), entre abolicionistas e partidarios do castigo.
Non se trata dun feito illado. Pardo Bazán aborda ás veces explicitamente o aspecto ritual da pena e outras enxértase nas tramas relacionada con outros contidos transversais como o indulto ou a mecánica procesual.
Dentro da primeira modalidade podemos encontrarnos con contos didácticos como "Pena de morte". Nesta secuencia, un señorito obriga a un servente a descargar uns tiros sobre unha ave que o molestaba:
Para que non te esquezas de que polo roubo vaise ao asasinato, polo asasinato ao garrote..., anda, aperta ese gatillo e pégalle unha perdigonada a lerianta. Sen medo!... Baleirei o segundo canón da escopeta...e caín redondo, pateando, cun ataque de nervios que din daba pena mirarme.
Cunha enorme habilidade técnica Pardo Bazán desenvolve esta controversia e as súas secuelas, ao longo da novela APA, formando parte de aceirados e desmitificadores debates, cargados de sentido do humor; aquí intervén Primo Cova:
¡Verán qué copla!
A miña avoa quere que abola
eu a pena capital.
¡Eu non son bolo, e non abolo
a garantía social!
(Pardo Bazán, 2003:132-133)
Pardo Bazán cuestiona a necesidade dunha pedra angular, no edificio social, como a pena de morte. Para a escritora a pena capital consérvase como un vil atavismo incompatible cunha sociedade avanzada.
Se recapacitamos sobre a nosa historia máis recente, o feito de que a pena de morte quedara suprimida na Carta Magna de 1978, supuxo un banzo transcendental na transición democrática.
Situándonos no contexto da novela, APA está ambientada nun proceso de enorme axitación social: unha revolución burguesa 68 que derrota a monarquía de Isabel II; unha brevísima República liberal e outra moderada, ata un novo golpe militar.
A Restauración, que se inicia no ano 1875, foi marcada pola pegada dun estadista de enorme temperamento, Cánovas del Castillo, un home vinculado ao lexitimismo monárquico afonsino, que se mantivo no poder, con interrupcións ata o seu asasinato en 1897.
A soberanía sustentábase nas Cortes e na Monarquía, na que recaían as decisións de maior transcendencia a nivel político como os indultos.
En realidade as cousas non variaron demasiado desde o século XIX; por máis que a Lei regulamentaria do indulto fose reformada en 1988, ata ese momento seguía a do 18 de xuño de 1870.
Daquela como agora, o Rei ten a última palabra, na actualidade aconsellado polo Ministerio de Xustiza e o Consello de Ministros, pero segue a ser unha inxerencia inaceptable sobre o Poder xudicial.
Dous meses antes de morrer Franco executáronse as últimas penas de morte. Pensemos que incluso na I República se firmaron.
O ilustre republicano Nicolás Salmerón, presidente do terceiro goberno da I República dimitiu para non asinar a execución dunha sentencia capital contra uns insurxentes que pasaran ao bando carlista.
Casualidades da vida, Salmerón será o encargado do recurso perante o Tribunal Supremo, do famoso crime de Fuencarral, en 1888, ao que aludirei máis adiante, como posible fonte de documentación para a novela.


Criminoloxía e criminalística; mulleres en perigo
Mentres escribo estas liñas, cúmprense 150 anos (3 de abril de 1864) do nomeamento de Concepción Arenal, como Visitadora de Prisións, por parte da raíña Isabel II. Un cargo discreto que puido ser máis transcendente de terse prolongado máis de 2 anos.
Ata ese momento, as cadeas estaban pensadas unicamente para apartar a delincuencia das rúas.
A entrada en escena de Arenal permite indagar sobre a natureza do delito, e a personalidade do delincuente, aspectos que terán unha enorme repercusión no ámbito penal especialmente no sistema penitenciario.
Sen apearse do respecto profesado por dona Concepción, en APA Pardo Bazán bátelle de cheo ao seu pensamento correccionista: “cree al delincuente corregible, por lo mismo que le juzga responsable”; e coloca en boca dos seus personaxes máis retrógrados expresións do puño e letra da prezada xurista.
Despois de entregarse a longas xornadas ao estudo os seus volumes como apunta no seu artigo de la Lectura3, Pardo Bazán se declara admiradora dos seus escritos feministas, La mujer del porvenir e La mujer de su casa, pero xulga con dureza os estudos penais de Arenal, que tacha de conservadores.
Anos despois co gallo da homenaxe póstuma á xurista, Pardo Bazán matiza as súas consideracións sobre Arenal, a súa vocación filantrópica, “difícil decidir si esa vocación es más filantrópica que jurídica”... “su intrepidez, arranque, espíritu de socialidad, asombroso en una mujer española de aquellos tiempos y acaso de todos” (La Lectura, p. 335)
Non obstante, “Podría la odisea de doña Concepción, contada con la impresionante sencillez de los sucesos que efectivamente suceden, competir con la célebre novela penal de Dostoievski” (LL. p.335).
Arenal prevén ao poder xudicial do vicio de perdoalo todo. Pardo Bazán subliña este aspecto, segundo ela, pouco coñecido da xurista, co que Arenal pretendía alertar da atrofia do sentimento de xustiza, nada máis oportuno no sistema actual:
La impunidad, cuando es general y prolongada, cuando está racionalmente en el cálculo del que piensa, cómo podrá hacer daño sin recibirlo, es sin duda una concausa a veces muy poderosa del mal hecho. (LL.339)
A pesar de que Pardo Bazán séntese decepcionada polo conservadurismo de Arenal no estudo o Visitador del pobre, iso non lle resta méritos como para considerala digna candidata á Academia de Ciencias Morales y Políticas4, a única que nunca tivo representantes femininas. Con este obxecto, EPB escríbelle unha Carta a Rafael Altamira secretario do Museo Pedagóxico (no Nuevo Teatro Crítico). Altamira non dubidará en responder co inicio dunha campaña a prol de Arenal, á que ten en alta estima: ”piensa alto, siente hondo y trabaja recio”.5
Retomando a novela, cun gran coñecemento das teorías criminalísticas de moda, a antropoloxía positivista italiana, Pardo Bazán permitirá exhibirse aos personaxes en filosóficos parlamentos que teñen como recompensa trunfar no Casino da amizade, ou perante o tribunal para inclinar a balanza a favor ou en contra da parricida de Erbeda.
...solicité muchos datos y libros de personas que cultivaban la antropología jurídica; tuvieron la bondad de facilitármelos; yo procuré servirme de ellos como Dios me dio a entender para fines artísticos... y no hubo más. NTC
Cesare Lombroso, xunto con Enriqo Ferri e Rafaele Garófalo son os precursores da escola antropolóxica positivista italiana e dunha ciencia, a Criminoloxía, que o devir social estaba demandando ante a incapacidade de tratar o fenómeno da delincuencia dun modo efectivo.
A criminoloxía nace como unha ciencia sincrética encargada de aglutinar outras disciplinas como o dereito, a antropoloxía, a socioloxía e a medicina.
Tomando como referencia os estudos de Darwin e a evolución das especies, a antropoloxía criminal serviuse dos riscos físicos anatómicos, fundamentalmente do cranio, co fin de fundamentar unha teoría de signos atávicos que recordaban o pasado simiesco.
Lombroso6, médico da universidade de Pavía e apaixonado da psiquiatría, publica un estudo titulado El hombre delincuente (1876) onde converte ao corpo humano nunha coartada para xustificar os tipos delictivos. Devandito estudo non se publicará en español ata o ano 1895, cando precisamente as súas teses xa estaban totalmente desacreditadas.
El hombre delincuente es un ser tan lejano de la realidad, como el hombre ideal de la filosofía kantiana”.7
O estudo máis brillante de Lombroso foi o descubrimento dun furado na base do occipital, unha “fossetta occipitale mediana”8, do famoso asasino Giuseppe Villella (en 1872), que para o médico o emparentaba con certos monos, paxaros e roedores.
A raíz dese descubrimento, Lombroso emprende o seu estudo sobre o delincuente nato e pretende probar a delincuencia atávica. Enormes mandíbulas, pómulos prominentes ou orellas saíntes describían ao criminal nato. Unha lesión do cerebro subcortical provoca as inclinación criminais aos delincuentes.
Vexan a descrición que Pardo Bazán fai do preso de Erbeda,
Efectivamente a súa cara e o seu aspecto eran característicos. Moragas reparou na cabeza deprimida... no seu mirar zaíno, a súa sinistra palidez, a súa cara mal proporcionada, máis grande do lado dereito... a súa prominente e bestial mandíbula... Que pedazo de bruto!...culpable ardor e lume criminal. Ese home pode inspirar paixón? É un másculo das idades prehistóricas, é o oso das cavernas...(cap. 14)
O delincuente é un enfermo psíquico ou moral, non mental.
En La nueva cuestión palpitante, publicada en El Imparcial en 1894, Pardo Bazán enfrontará a falta de rigor dos estudos de Lombroso, ironizando sobre as súas peregrinas explicacións bioloxicistas sobre a inferioridade do mancinismo, a escrita coa man esquerda (para o mestre Feijóo precisamente o defecto radicaba na ausencia do ambidextrismo, aclara EPB); ou a precocidade excesiva como expoñente da dexeneración no xenio. (El Imparcial, 2-7-1894)
Estas e outras argumentacións positivistas terán os seus detractores pola vontade de construír unha teoría idealista, con pretensións científicas. Fundamentalmente no caso de Garófalo, co seu manual de Criminalística (1885)
O personaxe de Lucio Febrero, o avogado da rea da Erbeda en APA, falará desde estas teorías.
Creo que hai un tipo humano que pola súa organización, está disposto a ser criminal... non creo que sexa unha anomalía da especie. Ao contrario, é a Humanidade a que na súa orixe foi criminal toda; canto máis atrás vaia vostede... máis verá ao home das épocas primitivas exercendo como cousa corrente o homicidio, o roubo, a violación, o canibalismo... Os actos que máis espantan hoxe. (Febrero no c.IX)
Queremos substituír o estudo abstracto da entidade crime, o estudo concreto do suxeito criminal... borramos a idea de castigo e reemprazámola pola idea de método curativo”.
Se para Febrero o crime é un atavismo; un lastre das sociedades primitivas, o primitivismo estenderíase ao asasinato "legal" no propio sistema xurídico tradicional
Pardo Bazán decántase pola racionalidade (civilizada) fronte os sentimentos (primitivos). «Onde a ciencia acaba empeza o sentimento, e nos dominios do sentimento é real o absurdo» (Moragas no c.XVI)
Esa mestura de coñecementos e sentido común, o que está dado en chamarse “ollo clínico” está caracterizado no personaxe do doutor Pelayo Moragas, trasunto do médico de familia Ramón Pérez Costales9.
Será este sentido común e non o espírito caritativo o que conduza a Moragas a facer o ben, atacando de cheo os prexuízos sociais, a dobre moral, e desactive o programa determinista.
Moragas considera que o criminal precisa do castigo para se redimir.
Na miña esfera, practiqueino moito (redentorismo)..., sequera para compensar as ocasións en que todos temos algo de humanidade primitiva..., que son, pola miña parte, as sexuais... ¡A sangue frío, recoñézoo humildemente! ...(Moragas, c.IX)
En efecto, o interese de Pardo Bazán de rescatar o verdugo é case tendenciosa, non precisaba elevar aos altares a Juan Rojo para pór en cuestión o seu rol na maquinaria penal. É o único personaxe que conta cunha extensa biografía en forma de monólogo. Juan Rojo semella ser unha vítima máis do sistema: un home bo, maltratado pola vida, que nunca matou nin chegará a matar. Nada que ver cun verdugo convencional.
“Indaguen o modo para borrar da fronte da nosa época ese horror grotesco que se chama o cadafalso, e para suprimir ese enigma social que se chama verdugo”, e que Concepción Arenal describe:
Haberá un verdugo en cada Audiencia. É dicir, haberá un home degradado, vil maldito, cuxa proximidade inspira horror, cuxo trato dá vergoña, e cuxos fillos son viles e degradados, e malditos coma el. (Arenal, 1896:173)
A delincuencia non está composta por seres bos e malos, esta dicotomía moral, a única discernible naqueles tempos, vai ser substituída por outra que achegan as teses positivistas, con visos científicos, á categoría de sans e enfermos.
Resumiría o debate o razoamento: nácese criminal ou chégase a selo? (parafraseando a Simone de Beauvoir).
O ousado da novela radica precisamente na finísima fronteira entre os bos e os malos, os delincuentes e a xustiza; costa crer que o sistema xudicial non se lle botase enriba.
O valor didáctico da novela propicia que bandos ideolóxicos enfrontados, consigan imbricarse de tal modo que o propio Moragas, un home de ciencia, humanista e redentorista, acepte a existencia de tipos humanos abocados ao delito.
Os sectores conservadores do sistema xudicial: Celso Palmares, maxistrado da Sala do Criminal na Audiencia marinedina; Carmelo Nozales, fiscal da mesma, o avogado Arturo Cáñamo, Subsecretarios ministeriais, etc. beben das proclamas dos iusnaturalistas Grocio e Pufendorf (citados sempre xuntos como se fosen un, segundo EPB) e dos Discursos forenses de Meléndez Valdés.
O punto de vista en que habemos de colocarnos para estudar cuestións tan transcendentais non ha ser científico, senón moral, moral, moraaaal... nestes días aciagos, os partidarios da evolución e a selección, o atavismo e a transmisión hereditaria, os cegos escravos da filoxenia e a embrioxenia, obstínanse, menoscabando a nosa dignidade, arrastrándoa pola lama, en borrarnos o carácter de racionais, e en equiparnos ao orangután, ou sexa, ao mono antropomorfo, como eles din... (Cáñamo, c.VIII).
O krausismo tamén se albisca como pano de fondo ideolóxico da novela no seu interese rexeneracionista.
Temos mil razóns para desprezar, literalmente desprezar, este aparello da xustiza, tal como hoxe se exerce” (Pedro Dorado Montero,1861); a pena non debe entenderse como unha vinganza do sistema senón que cumpre a función de expiar a culpa.
Esta liña de pensamento, en consonancia coas teses de Concepción Arenal, inquietaba ao goberno da Restauración. O seu discurso humanista, tendendo unha ponte entre o catolicismo e o socialismo, a liberdade de conciencia e a liberdade de expresión provocou que moitos krausistas sufriran o exilio e a perda das súas cátedras universitarias en 1875 polo decreto Orovio.
O krausismo foi fundamental neste país coa creación de espazos formativos para as mulleres (o acceso ás Universidades) e as clases obreiras. A este obxecto se imparten cursos de “extensión universitaria”, por exemplo no Ateneo de Madrid e noutros espazos sociais, nos que Pardo Bazán impartiu leccións10.
Sería un krausista, Fernando de Castro —reitor da Universidade Central, que en 1869 permite o acceso das mulleres ás facultades—, o fundador tamén do Ateneo de Mulleres, en cuxa directiva tomou parte Concepción Arenal.
Pardo Bazán aproveita para pór de manifesto na novela a indefensión das mulleres nesa sociedade bárbara. Así fala o seu defensor da rea de Erbeda,
Pero as mulleres, posto que a lei as considera menores para infinidade de casos, e o Dereito político as exclúe, deberían encontrar no dereito penal a protección e a indulxencia que se deben ao menor...Esa criminal da Erbeda, por exemplo non tería cometido o crime de non ser educada baixo o réxime do terror viril. (Cap. XII.)
«Vexo nela que vai morrer, non por criminal, senón por medrosa...o seu marido ten determinado matala e só espera ocasión propicia... comprende ese estado psíquico... e claro, xorde a idea do crime... Aí ten a xénese..., ¡Medo!»
Segundo o seu defensor, a vítima, en realidade non foi o home asasinado senón a muller maltratada que sufriu malos tratos desde nena.
o propósito é firme, que o seu marido ten determinado matala e só espera ocasión propicia. Así vaina asasinando pouco a pouco, de susto”... (cap.XIV)
Febrero estaría esgrimindo a “lexítima defensa”; a “xustiza pola man”.
Ata o cauto Moragas antepón a súa ética á Xustiza institucional:
«¡A xustiza!.. a filla de Antiojos, o zapateiro..., ¿non a coñece vostede? O seu pai asasinouna a forza de malos tratos, de barbaridades, de golpes... Nin un día de cadea lle custará ao malvado...».—
Pardo Bazán xulga desde a prensa os desacertos procesuais:
El mujericidio siempre debiera reprobarse más que el homicidio. ¿No son los hombres nuestros amos, nuestros protectores, los fuertes, los poderosos? El abuso de poder, ¿no es circunstancia agravante?...El hombre, en general, cree vagamente que por ser hombre, tiene derecho de vida y muerte sobre la mujer. … El que acecha al paso a una mujer, la atraviesa el corazón o la degüella, y después alega que la quería, que la adoraba, que no podía vivir sin ella precisamente...a ese, todo el rigor de la ley, porque además de criminal es un cobarde.
¿Pasión? No: codicia vileza y barbarie, como casi siempre. No sé si el Jurado se compone de románticos, que cree en la pasión como en un fenómeno universal: si es así que se estudien los Jurados a sí propios....La pasión es noble y estos criminales mujericidas obedecen a los impulsos más innobles y bajos.11
Que razón ten o crítico Eduardo Gómez de Baquero (Andrenio) no artigo “Maridos que matan”12, sobre o crime da rúa da Fe, no que un home que asasina á súa muller por ciúmes:
Es muy posible que los que han absuelto al marido vengador, no hubieran tratado con igual indulgencia a la esposa engañada que procediera de un modo análogo”.
O maltrato non era considerado delito no século XIX. No Código penal “art. 603 – 2º Los maridos que maltraten ás mulleres serán castigados a quince días de arresto e reprensión, como delito de faltas contra las persoas”13 nin ata despois dos 90
Non foi considerado o tipo delituoso “maltrato”ata despois dos anos 90 do século XX; da falta á consideración de delito precisábase a reincidencia.
Nos EEUU, en 1819, castigábase aos maridos maltratadores con azoutes. Foi suspendida a pena e retomada en 1881 pola gravidade dos feitos.


A medida de Gracia
O indulto non chega a Marineda. Outras veces chega, despois dun suspense terrible que eriza a trama de relatos como O indulto14. As veces o sistema protexe as vítimas e os atenuantes da rea, unha muller maltratada, facilitan a compaixón da raíña que concede o indulto ao comezo do propio conto como en Crimen libre (ArcoIris).
No estremecedor O indulto*, Pardo Bazán (coincidindo con Arenal) tamén cuestiona duramente o caprichoso perdón real: no conto, unha muller denuncia o home polo asasinato da súa nai. A cada aviso de indulto, por parte da monarquía, ela espera aterrorizada a aparición do marido. Ao fin un día outórgaselle ao asasino a medida de gracia e a lei obrígaa a convivir con el. «A lei está aquí enfrontada, como en tantas ocasións, á xustiza... A vítima non ten a quen acudir, nin alcalde, gobernador, xefe dos municipais...».
Ese medo inmobilizador somete e afoga a tantas personaxes como a protagonista de O indulto, aparece en Las medias rojas, La careta, El revólver, ¿Justicia?, entre outros.
Se non como pedra angular, a pena capital forma parte das medidas correccionistas promovidas por Concepción Arenal. Na novela esta postura será defendida polos conservadores Arturito Cáñamo (avogado) ou o fiscal Carmelo Nozales, alcumado sete patíbulos.
Nun parlamento de Febrero:
Cáñamo inspírase na primitiva lei da Humanidade, que foi a do Talión: ollo por ollo e dente por dente. E así como aínda viven entre nós exemplares da humanidade primitiva, aínda ese espírito de vinganza persoal subsiste nos códigos”.
O necio de Cáñamo obedece o sentimento; pero o sentimento malo, inconfesable, indigno, do rancor, o medo e a vinganza. O criminal, para el, é un inimigo persoal; o verdugo, un aliado e un defensor; o patíbulo, a pedra angular. (Cap.IX)
Arenal referíndose ao parricidio:
Todo home que matou sabe que merece morrer. O Talión...está na conciencia da humanidade... é a xustiza, severa pero é a xustiza. Todo o demais que vos digan son sofismas e extravíos... homicidas, debedes a vida, non á xustiza, senón á misericordia.¡Parricida! Deus che perdoe, porque os homes non poden. (Arenal:1894:370-373).
Pero a xurista demanda que o sacrificio sexa producido coa menor "violencia" posible:
«Se a lei renunciou a atormentar ao reo por que non emprega medios que o maten instantánea e infaliblemente; que a electricidade substitúa os métodos de destrución que que hoxe se empregan”; “o modo de executar a pena capital por medio da electricidade, non creo que ofreza dificultades” (Arenal, 1896:182)
Nese momento estábase probando ese sistema en EE.UU.
Tampouco comparte o espectáculo público do martirio, “escena inmoral, repugnante e cruel dun pobo que acode por diversión a ver como morre un home” (Arenal,1896:176)
Para Pardo Bazán calquera sistema de axustizamento é rexeitable. E calquera banzo do estaribel xudicial é tan culpable como o encargado de activar o garrote; xuíces, maxistrados ou verdugos.
“que máis ten quitar a vida dicindo queremos condenar e condenamos que dando a volta a unha palanca” (cap.IX)
Declara Lucio Febrero (o avogado defensor das teses positivistas):
Note vostede que nalgunhas nacións moi adiantadas, por exemplo, os Estados Unidos, se aspira só a quitar o verdugo, conservando a última pena. Ou se lincha...ou se mata por electricidade. De todos modos, a min non me horripila moito máis un verdugo auténtico que eses sustentáculos do Garrote como Cáñamo.
”Por que se sente gratitude cara o garda civil que captura a un criminal? Por que inspira respecto ao xuíz que o condena a morte, e lle causa horror o verdugo que o mata?” (Arenal, 1896:164)
Concepción Arenal desautoriza ao xefe do Estado, a/ao monarca, para exercer o indulto:
O un milagro permanente, o un absurdo constante: o el Espíritu Santo descendiendo sobre el jefe del Estado cada vez que se le pide la gracia
“El jefe de Estado, a quien se concede el derecho de gracia, ¿se halla en estado de conocer mejor que los jueces estas cuatro cosas esenciales para la administración de justicia?
1ª Las leyes morales de la humanidad.
2ª Las leyes penales vigentes.
3ª El derecho que se trata de juzgar.
4ª Las circunstancias especiales, personales, del culpable. (Arenal,1896:22-23)
No rexeitamento da medida de graza, Pardo Bazán coincide con Arenal cando as considera anticorrectivas ademais de estar suxeitas ao arbitrio do gobernante de quenda.


Antecedentes vitais e fontes doumentais da escritora
A recorrencia de temas criminais na narrativa de Pardo Bazán resulta tan evidente, como a posibilidade de que detrás desta elección argumental se agacha algo máis que unha poética.
Unha recente investigación deixou ao descuberto un suceso tráxico (o asasinato da súa avoa) desde un punto de vista particular, de enorme transcendencia para a escritora15.
Doña Joaquina Mosquera, ao enviuvar, quedou como tutora e administradora dos bens do seu único fillo, José Pardo Bazán (padre de dona Emilia).
Iniciará unha relación con Juan Rey Perfume, albacea testamentario, con quen ten unha filla, que o amante quere recoñecer a través do matrimonio pero que dona Joaquina retrasa porque isto supuña a perda dos dereitos sobre a herdanza. Por fin accederá a casar, en 1847, e entón José Pardo Bazán nomea a un representante legal para que protexa os seus intereses, Bermúdez de Castro.
Despois dunha convivencia chea de escándalos, a avoa de Emilia é degolada polo seu marido, Juan Rey Perfume -na casa que tiñan en Betanzos- que, a continuación, se suicida pegándose un tiro (4-5-48).
Sorprende, non que a escritora ocultase esta lúgubre historia, senón que un suceso de tal envergadura non saíse á luz ata este momento.
Sexa como for Pardo Bazán non necesitaba furar nos antecedentes familiares porque as fontes documentais íanlle saíndo ao paso.16


O crime da rúa Fuencarral
Un crime que invadiu as cubertas dos periódicos da época, coincide no tempo coa preparación de A pedra: o “crime da rúa Fuencarral”, de Madrid. Estudosas como Nelly Clemessy, xa sinalaron este suceso como fonte de inspiración, para a novela. Para outras como Pilar Faus, o xerme de APA provén de finais dos anos 80, vencellados ao crime “pasional” do pintor Luna, en París17, acusado de asasinar á súa muller, ao seu amante e a súa sogra (Faus: 2003).
A proximidade temporal do suceso, o xuízo e o garrote vil, ao que a escritora asiste en persoa fai pensar que o de Fuencarral debeu ser senón o único, o definitivo impulso para tratar a pena de morte.
A grandes liñas o asunto do crime de Fuencarral que sucede na madrugada do 1 ao 2 de xullo do ano 1888, transcorre así:
Luciana Borcino, unha muller da burguesía madrileña, viuda de Vázquez Varela, aparece morta, no seu domicilio, aparentemente a causa do incendio (que sería provocado) xunto ao seu can. Na mesma casa e semiinconsciente a criada da casa, unha moza na vintena e analfabeta, Higinia Balaguer, que será acusada de asasinar, cunha cómplice, á súa ama. Na instrución aparece implicado o fillo de Luciana Borcino, un personaxe fachendoso en pendencieiro, alcumado “o pollo Varela”, e bo amigo José Millán Astray, daquela Director da Cárcere Modelo. Casualmente a propia Higinia serviría na casa deste último.
O caso con turbias implicacións políticas, que esperta a atención de escritores como Galdós, que asiste relixiosamente ao xuízo, realizando un popular retrato da acusada Higinia Balaguer18.
No sumario aparecen nomes de prestixio entre avogados, fiscais, Joaquín Ruiz Jiménez; Nicolás Salmerón, encargado do infrutuoso recurso; o xuíz Presidente do Tribunal Supremo é Montero Ríos, que lle custará o cargo, debido á presión social que considera que a instrución do caso fora escandalosa.
Non creo que sexa casual que o apelido escollido para o verdugo de APA -Rojo- sexa o mesmo que o do avogado de Vázquez-Varela.
Fracasado o recurso do Supremo para o indulto, Higinia Balaguer é axusticiada ao garrote vil no patio da prisión Modelo de Madrid o día 19 de xullo de 1890, ante un reducido numero de personalidades, entre elas EPB que solicitara estar presente.
Para redondear o caso, o anecdotario. Mentres se esperaba a medida de gracia para Higinia, o pollo Varela aproveitaba as vacacións en Vigo, seica se hospedaba nun pisiño da rúa Oliva; hai noticias de liortas no Café Universal, e agresións a cidadáns vigueses. Tal foi o seu desorde na cidade que se forzou o seu regreso a Madrid.
E neste punto enlazamos coa Autora. Ao día seguinte da morte de Higinia, con 28 años, no garrote vil, Pardo Bazán escribirá unha crónica en El Imparcial, denunciando o terrible espectáculo do garrote público.


Desenlace
...me cogió de medio a medio el limar y pulir los seis últimos capítulos de La piedra angular, que estaban informes y además no me gustaba el desenlace, por lo cual lo varié de todo” (na carta da autora a Galdós, citada ao comezo, finais de 1891).
Entre os posibles remates para APA, Pardo Bazán decántase polo máis verosímil coa trama e os caracteres, pero desafiando os seus presupostos relixiosos.
Porque outro naturalismo pode ser posible, o doutor Moragas irrompe na vida do fillo do verdugo, Telmo, encamiñando os seus pasos pola “senda do ben”.
O comportamento do doutor, sensato e coherente cos seus principios morais, lévao a infrinxir as normas posto que non cre nos tribunais nin na xustiza: obriga ao verdugo a obxectar; mellor aínda, chantaxéao, sabe que só así salvará ao seu fillo dun cruel destino imposto; Moragas delinquirá, pero o seu fin é alto e nobre.
O pacto de Rojo con Moragas, a educación do seu fillo a cambio da vida dos reos, somete ao verdugo a unha presión brutal, que non pode soportar.
Podería tratarse Juan Rojo dun verdugo sensible, como ao que fai referencia Arenal
“¿...y si a la vista del patíbulo tiembla más que el reo? … Preguntádselo en La Coruña a los que socorrían al verdugo que había nacido sensible y a su familia desdichada?” (Arenal, 1896:174)
Rojo é o retrato do antiheroe, do fracasado: o único que ten é o seu fillo, pero a súa propia existencia impede a posibilidade de que goce dunha vida digna.
Debe desaparecer, a vida do seu fillo pola súa propia. Daquela, Pardo Bazán converte ao verdugo no “padre de Telmo”.
En A pedra angular, o suicidio traerá consigo a redención19
A morte de Juan Rojo empurrada por unhas forzas inmateriais e diabólicas contén unha interesante carga simbólica. O verdugo comeza por tirar o lastre: desfacerse dos símbolos de destrución, os garrotes, que el mesmo manipulara para perfeccionar a morte dos condenados. Final romántico, naturalista, espiritualista?20 A análise literaria será obxecto doutro estudo.
“Oíase cada vez máis próximo o tombo do océano que rebotaba contra as penas, e un aire potente, vívido, rudo como a mesma costa, azoutaba o pelo gris de Rojo”.
Cobre os ollos e os oídos como os condenados a morte, e lánzase ao océano cos brazos estendidos dando as costas ao cantil, iluminado pola “torre fenicia”.
O desenlace de APA pode que non sexa o máis revolucionario, o máis radical, pero si o máis coherente dentro dunha novela de finais do XIX. E non obstante, a insubmisión de Rojo, ese “adeus ás armas” do Estado, non deixa de ser unha forma de desobediencia as leis dunha xustiza irracional que debeu facer ronchas nas altas esferas. Pardo Bazán invita a esta insurrección, pero castiga ao insurrecto; dando unha no cravo e outra na ferradura. E deste xeito, demostra como o sistema aniquila os seus propios monstros (o verdugo).


Referencias bibliográficas
Arenal, Concepción : Obras Completas:
-(1894) Tomo III, Cartas a los delincuentes. Madrid, Librería de Victoriano Suárez.
-(1896) Tomo XII, El reo, el pueblo y el verdugo. Madrid, Librería de Victoriano Suárez.
CLEMESSY-LEGAL, Nelly (1981): Pardo Bazán como novelista (de la teoría a la práctica), 2 vol. Madrid, Fundación Universitaria Española.
FAUS, Pilar (2003) Emilia Pardo Bazán. Su época, su vida, su obra, 2 vols. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza.
Mónica Bar Cendón,
Vigo, 24 de abril de 2014
Emilia Pardo Bazán e a pena capital. A pedra angular a debate. (1) -
CC by-nc-sa -
Mónica Bar Cendón

1 Pardo Bazán, Emilia (2003): A pedra angular (trad. e introdución: Mónica Bar Cendón). Vigo, Edicións Xerais.
2 As citas textuais van en lingua orixinal, coa salvidade das escolmadas da novela, xa traducida.
3“Impresiones de lectura: Concepción Arenal”, por Emilia Pardo Bazán, La Lectura, decembro de 1907.
4“A autora del Visitador del pobre, ni volverá la cabeza si de Academia se le habla, a menos que se le haga cargo de que al sostener su derecho sostiene el de la “mujer del porvenir” y prepara las reformas futuras, las que sancionará el siglo XX, probablemente el siglo de la mujer rescatada” (en cursivas no orixinal) (“La cuestión académica”, marzo 1891, p.71).
5 (El Heraldo, 8-6-1891)
6 Cesare Lombroso (Verona, 1836 - Turín, 1909) En 1859 doutorouse en Medicina na Universidade de Pavía coa tese Ricerche sul cretinismo in Lombardia. Traballou como docente nesa universidade e dirixiu o manicomio da devandita poboación.
7 Segundo a Unión Internacional del Derecho Penal (Bernaldo de Quirós, en El Heraldo, 25-10-1895)
8 Catálogo do Museo criminológico, Ministerio della Giustizia, Roma.
9 A personaxe do doutor Moragas, chamada a encarnar esta ideoloxía librepensadora (e tamén a da autora), está inspirado en Ramón Pérez Costales, un médico coruñés republicano, que non só atendeu profesionalmente á familia Pardo Bazán senón que chegou a ser un gran amigo e confidente da escritora. Ocupou o cargo de Ministro de Fomento (era chamado o Ministro dos pobres) na I República, en 1873. Con certa ironía comentaba del a Condesa: era un «político da cáscara amarga, un idealista acérrimo».
E da personaxe desvelará a autora: «Moragas existe, e esa mestura de guasa e filantropía vinlla empregar eu.» Pérez Costales foi autor dun poemario romántico, Perucho: poema en seis cantos (1887), título que rescata o nome da personaxe de Os Pazos de Ulloa, e que foi prologado no ano 1886 por Pardo Bazán.
10A Xunta de goberno do Ateneo acorda admitir a Pardo Bazán, o 9 de febreiro de 1895, co número de socia 7.925, en Mónica Bar Cendón: “Emilia Pardo Bazán en el Ateneo de Madrid”. Departamento de Literatura Española y Teoría de la Literatura. Facultad de Filología Hispánica. UNED, 2003.
11La Vida Contemporánea nº 1021, 1901 (La Ilustración Artística,)
12E. Gómez de Baquero, en La Época (1 de marzo de 1890)
13Casal de Nis, Emilio (1904): Manual del Policía. Leyes, reglamentos, decretos, reales órdenes, circulares y formularios. Madrid, Imp. del Asilo de Huérfanos del S C de Jesús.
14 O indulto foi traducido para o galego, por María Xosé Queizán, xunto con outros contos de Karen Blixen e Charlotte Perkins no volume: Fenda, loucura e morte, 1999, Vigo, Edicións Xerais.
15 “La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado”, en La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, núm. 8, pp. 15-56. “Grupo de Investigación La Tribuna”, formado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez.
16 Interesante traballo sobre este tema de Mayoral, Marina: “De la noticia a la ficción”, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
17 NTC nº 26
18 A información sobre o xuízo procede do seguinte libro: Lara García, Antonio (1984) El crimen de la calle de Fuencarral. Madrid, Ediciones Albia.
Detallada crónica no Faro de Vigo (22-7-1890), sen asinar.
19 Etreros, Mercedes: Influjo de la narrativa rusa en doña Emilia Pardo Bazán. El ejemplo de La piedra angular (http://cervantesvirtual.com/proyectoES/)
20 Para entender as posturas ideolóxico-literarias sobre a obra de EPB, vid.: “Idealismo, positivismo, espiritualismo en la obra de Emilia Pardo Bazán”. José Manuel González Herrán. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes”.
“Ideas literarias y estéticas” I e II. Marisa Sotelo.Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Pena de morte (Sermos Galiza)


"Para as mulleres inda non se aboliu a pena de morte; nin a cadea perpetua, na paz e na guerra. Vivimos nun permanente estado de excepción...estou lendo a nova doutra asasinada esta mañá". 

1 Pardo Bazán, Emilia (2003): A pedra angular (trad. e introdución: Mónica Bar Cendón). Vigo, Edicións Xerais.
2 As citas textuais van en lingua orixinal, coa salvidade das escolmadas da novela, xa traducida.

Pardo Bazán, González Serrano y la Grafología. 

Tiempo atrás cuando llevaba a cabo una investigación sobre la escritora Emilia Pardo Bazán (1851-1921), di con un artículo “Una nueva ¿ciencia? (La grafología)”*, dedicado al libro de Sara Oquendo, una amiga de Pardo Bazán (firmado con seudónimo) titulado “La grafología simplificada; arte de conocer el carácter de las personas por su letra; teoría y práctica” que a cualquier colega le haría hervir la sangre.


En mi caso, no llegué a tal punto de ebullición -para muestra, este artículo- muy al contrario, debo reconocer que las guardias en diversas garitas me han permitido aceptar que la firmeza en las ideas siempre debe dejar una grieta que permita acceder a la duda razonable.

Como no soy devota de ningún santo (nin sequera do meu, que é o verdadeiro ;-) ) el artículo de Pardo Bazán me dio para reflexionar sobre los censuradores violentos de la Grafología, así como sobre los mercachifles esotéricos que aseveran que el futuro está en las cartas.

Coincidiendo con la autora, a la hora de demostrar la falta de rigor del opúsculo, lo que más me divierten son sus apreciaciones sobre personajes históricos fallecidos, que no hacen más que constatar obviedades; efectivamente: “para ponerles a todos ellos el rotulito, maldita la falta que nos hacía la firma”; “quisiera que estos historiadores filosóficos predijesen con certeza, no lo ya ocurrido, sino lo que tiene que ocurrir dentro de un año, o de quince días... Dada nuestra corrupción... y conociendo nuestra época mejor que las pasadas, averigüen cuánto durará Cánovas en el poder, y el cariz que presentará la cuestión social.”

Pardo Bazán, gozando de su instinto científico (que cuesta emparejar con su fe religiosa) ataca la sobredimensión de los poderes atribuidos a la grafología, por algunos “devotos”; hasta cierto punto estaremos de acuerdo.

Pero discrepamos en su intento por desacreditar el procedimiento deductivo, al que se acogieron tantas y tantos maestros de la grafología a lo largo de siglos; procedimiento, en tal caso también aprobado por las ciencias empíricas y desde luego, por la filosofía, con importantes avances para el progreso humano.

Estoy segura de que una mente preclara, como la de Pardo Bazán, miraría con otros ojos a la grafología si conociese las averiguaciones y los estudios de los últimos años, valorándola como procedimiento indispensable no sólo en procesos judiciales sino en el ámbito de la salud y la educación.

Reviví esta perspectiva de Pardo Bazán a raíz de un artículo de Mariluz Puente Balsells** sobre Urbano González Serrano (1848-1904) “El Grafismo o Grafología, la ciencia de nuestras ignorancias”, en la revista del Instituto de Ciencias del Grafismo.

Casualmente, González Serrano, destacado intelectual que formó parte de la Institución Libre de Enseñanza, era buen amigo de Pardo Bazán. Incluso sería invitado por ella a impartir sus lecciones en el Ateneo de Madrid, cuando dirigía la Sección de literatura de dicha sociedad. La amistad sobrevivió a la feroz crítica de la escritora a los Estudios psicológicos, de González Serrano (se hablará de ello en otro espacio).

Como bien resalta Mariluz Puente, formó parte de un colectivo de pensadores asociados al krausismo, a quien debemos el despegue de la enseñanza de este país, como proyecto social civilizador.

A esta Institución se le debe el interés por la enseñanza de la mujer, y de la clase obrera. Nombres ilustres como Francisco Giner de los Ríos, fundador de la ILE, o Concepción Arenal, sirvieron en las filas de la Institución.

Dos artículos de dos intelectuales muy próximos, también en el tiempo, sobre la misma materia, pero, al contrario que Pardo Bazán, Urbano Serrano se encontraría entre los defensores de la grafología como fuente de saber.
Como destaca Mariluz Puente, “Se aproxima a la grafología bajo una mirada de circunspección científica... lejos del abrazo fanático a un saber que en ocasiones muestra su lado más ridículo, fruto de un peligroso juego de asociaciones artificiales y arbitrarias de ideas, que pueden convertirla en una de esas llamadas psicologías subjetivas, parafraseando a Stuart Mill”.
Procedimiento, fuente de conocimiento e investigación, ciencia, a discutir; de lo que no hay duda es que a lo largo de los siglos, desde el abad Michon hasta nuestros días, la grafología ha sido fuente de reflexión para intelectuales y profanos.

Mónica BC



 *(La Ilustración Artística, nº 531, 1892)

**Mariluz Puente Balsells, es antropóloga y Directora del Máster en Grafoanálisis Europeo.

Revista ICG Nº 14 Especial San Jordi.


Hace unos días recibía un libro de la joven Emilia, y hoy recibo un nuevo regalo: el Teatro completo, de Emilia Pardo Bazán*



No ha mucho tuve el honor de poner en pie el monólogo El vestido de boda (escrito para la actriz Balbina Valverde, amiga de Pardo Bazán) en la Casa Museo de Pardo Bazán; voló la pieza y su heroína, la Modista francesa Madame Lacastagne, por escenarios de distantes de Galicia enteira, y su actriz colgó los hábitos en la Universidad de Vigo, en un Máster dirigido por la autora de la magnífica edición que acabo de recibir. 
Exhaustivo trabajo de investigación de la profesora Montse Ribao, mereció la pena esperar ;-).






*Estudio preliminar, edición y notas Montserrat Ribao Pereira,
Ed. Akal, Madrid, 2010.



Apuntes de un viaje a Ginebra, de Emila Pardo Bazán

Edición de J.M. González Herrán*


Un libro curioso de nuestra insigne polígrafa, Emilia Pardo Bazán, con anécdotas y meditaciones de una sabia de veinte años. 

Observen la caligrafía diminuta, cuidada y elegante de la escritora; su simetría en los márgenes (sangría francesa); especialmente generoso el izquierdo que, según los "decires" grafológicos, simboliza el desapego con el pasado, a veces con los remotos ancestros familiares de la escritora. (De este particular hablaremos en otra ocasión).
Sus mayúsculas, sobre todo las del comienzo del párrafo, dotadas de generosos bucles, claramente ceremoniales algo compatible con el gusto estético de la época; la corrección espacial, tanto la interlineal como la interverbal, nos remiten a una persona extremadamente pulcra, ordenada y diría más: serena y racional. 

Jugaremos con ventaja pues, antes de conocer sus mañas (un poquito) supe de la amazona; por lo que no estaría de más afirmar que esto no se trata de esoterismo sino de sentido común.

*Gracias, José Manuel González Herrán, por esta hermosa edición
Real Academia Galega-Universidade de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Translate